OS SOCIALISTAS DE FERROL AGRADECEN A CONFIANZA DEPOSITADA POLA CIDADANÍA NAS URNAS

O Senador, Julio Barros, informa que a súa axenda xa está aberta á Ferrol e Comarca para traballar

A Secretaria Xeral, Beatriz Sestayo, agradece o apoio amosado nas urnas que abre escenarios enormemente ilusionantes cara aos seguintes retos electorais

(29.04.19)

Na maña de hoxe, na Casa do Pobo do PSOE de Ferrol, a Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Ferrol, Beatriz Sestayo, o Senador por Ferrol, Julio Barros e o Presidente de Honra, Augusto Pena, ofreceron unha comparecencia ante os medios de comunicación agradecendo a confianza depositada pola cidadanía nas urnas.

A Secretaria Xeral quixo enviar en nome dos Socialistas de Ferrol a satisfacción polos resultados do PSdeG co Secretario Xeral, Gonzalo Caballero, á cabeza para un próximo cambio de rumbo en Galicia.

O Senador comprometese cos Socialistas no traballo por Navantia, pola diversificación industrial, polas infraestruturas, sinaladamente o tren para Ferrol, entre outras propostas para reverter o reto demográfico na cidade naval.

Julio Barros agradece expresamente o traballo do Comité Electoral e da Secretaria Xeral Beatriz Sestayo, polo esforzo nesta campaña das Eleccións Xerais para trasladar á cidadanía a mensaxe Socialista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.