O CANDIDATO AO SENADO JULIO BARROS REFORZA O COMPROMISO DOS SOCIALISTAS CON NAVANTIA EN UNHA REUNIÓN CO COMITÉ DE EMPRESA

(09.04.19)

Na maña de hoxe, en NAVANTIA Ferrol, o candidato Socialista ao Senado por Ferrol, o Avogado Julio Barros mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa de NAVANTIA trasladando o firme compromiso do Partido Socialista co Estaleiro.

Na xuntanza Julio Barros reforzou o seu compromiso coa plantilla de NAVANTIA, a través do seu Comité de Empresa para avanzar na procura de alcanzar un desenvolvemento integral da empresa, mediante a renovación das instalacións, a carga de traballo, así como potenciar a formación do persoal e das novas incorporacións “porque entendemos que NAVANTIA é unha empresa estratéxica en Ferrol”. O senador afirma que o estaleiro “é fundamental para dinamizar e vertebrar a economía da Comarca, por todo iso, nos poñemos a disposición do Comité para conseguir esa carga de traballo”. Remarca “ese traballo continuo, sen parénteses que manteña viva á plantilla que fomente a súa renovación, para a implantación do ASTILLERO 4.0, para a renovación tecnolóxica e en definitiva que NAVANTIA sega sendo o motor do presente e do futuro de Ferrol e Comarca”.

Na reunión o Senador Julio Barros amosou a súa vontade, no caso de resultar elixido, de establecer un fío directo, permanente e constante entre o Partido Socialista e o Comité de empresa “para transmitir calquera tipo de inquietude en todo momento, sempre abertos a todo tipo de reunións e de encontros”. O candidato Socialista manifesta así “a súa absoluta dispoñibilidade para estar sempre cando así o necesite o Comité” .

Finalmente, Julio Barros conclúe:Para seguir conseguindo, como acabamos de demostrar co Goberno Socialista de Pedro Sánchez, carga de traballo. A prosperidade dunha empresa estratéxica, o acceso a novos postos de traballo para xente moza e o respecto aos dereitos sociais dos traballadores serán sempre piares básicos no compromiso Socialistaasí comprometeuse a priorizalo de forma permanente no Senado o candidato.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.