O CANDIDATO DE FERROL AO SENADO, JULIO BARROS REÚNESE CON AGAVIDA
OS SOCIALISTAS, QUE LEVARÁN TAMÉN AO PLENO DO CONCELLO, A ELABORACIÓN PARA A INICIATIVA AMIANTO CERO NA CIDADE, OFRECEN A SÚA DISPOÑIBILIDADE POR UNHA CUESTIÓN PRIORITARIA E SOCIALMENTE XUSTA COMO AS REIVINDICACIÓNS DAS VÍTIMAS DO AMIANTO
(27.03.19)
Na tarde de onte reuníronse o candidato ao Senado por Ferrol, o Avogado Julio Barros e a Secretaria Xeral dos ferroláns, tamén Avogada Beatriz Sestayo. Esta foi a primeira visita de precampaña do candidato ao Senado que quixo amosar o seu compromiso para acompañar a Agavida nas súas xustas reivindicacións nas Cortes Xerais
Temas como o amianto cero que levarán os socialistas ao Pleno de este mes, o Fondo de Compensación das Indemnizacións das Vítimas, cuestións de saúde pública e dos tribunais médicos de incapacidade foron abordadas na xuntanza que se mantivo co presidente de Agavida, Ramón Tojeiro e outros membros da entidade.
A xuntanza transcorreu con plena sintonía nos puntos a traballar e no compromiso de seguir facéndoo
Asemade na xuntanza recordouse a moción que este xoves se debaterá o vindeiro xoves ás 19:00h no Pleno de Ferrol a iniciativa do Grupo Municipal Socialista