OS SOCIALISTAS DE FERROL LEVAN AO PLENO A TOLERANCIA CERO EN FERROL FRONTE AO RACISMO E A XENOFOBIA

O Grupo Municipal Socialista repetirá ademais a proposta Ferrol libre de amianto

A Portavoz do Grupo Municipal, Beatriz Sestayo, presentou as mocións do Grupo Socialista para este Pleno

(26.03.19)

Esta mañá, en rolda de prensa no Concello, a Voceira do Grupo Municipal Socialista, Beatriz Sestayo Doce ofreceu rolda de prensa anunciando as dúas mocións que os Socialistas presentarán no Pleno Ordinario do xoves 28 marzo ás 19:00h.

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA TOLERANCIA CERO EN FERROL FRONTE AO RACISMO E A XENOFOBIA

ACORDO:

1.- Sumar ao Concello de Ferrol á conmemoración do Día Internacional da Eliminación Racial

2.- Que o Concello Pleno declare a tolerancia cero fronte ao racismo e a xenofobia en todas as súas manifestacións e se poñan en marcha políticas públicas de concienciación e sensibilización fronte ás discriminacións.

3.- Que se recupere a Oficina de Inmigración, Cooperación e Solidariedade posta en marcha no seu día polo goberno socialista

MOCIÓN GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PROPOSTA FERROL LIBRE DE AMIANTO

Elévase a seguinte proposta ó Pleno do Concello de Ferrol:

1.- Acordar a elaboración dun estudio do mapa do amianto que contemple as edificacións que podan estar afectadas, tomando parte especialmente áctiva na eliminación progresiva do amianto daqueles edificios que dependan directa ou indirectamente da Administración Local. O inicio debe producirse no prazo máximo dunha semana, dándose conta na respectiva comisión do inicio e xestións levadas a cabo nunha comisión do mes de abril”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.