O PSOE DE FERROL AMÓSASE SATISFEITO POLAS CANDIDATURAS DE LISTAS FORTES PARA GAÑAR OS PROCESOS ELECTORAIS

(18.03.19)

Na mañá de hoxe na Sede do Partido Socialista de Ferrol, compareceron en rolda de prensa a Secretaria Xeral, Beatriz Sestayo Doce xunto o Presidente de Honra da Executiva Municipal Augusto Pena Maceiras e Julio Barros, Secretarío de Estudos e Programas da Executiva Local ao obxecto de informar e por en valor os resultados do Comité Federal celebrado no día de onte.

A Secretaria Xeral, Beatriz Sestayo informa das boas novas para Ferrol que proveñen do Comité Federal que tivo lugar onte en Madrid no que ten a honra de ser representante, “nuns procesos electorais determinantes, non so para o Partido Socialista senón sobre toda para a sociedade, o país en xeral e a nosa cidade” . Remarca “En efecto o Partido Socialista na sensatez que lle caracteriza apostou por un Comité integrador con mensaxes absolutamente en positivo a prol da mellora do país ante os incribles retos que temos por diante ante unha dereita empecinada en levarnos para atrás, esa sensatez levou a elaborar as mellores listas posibles para competir nos próximos procesos electorais moi xustos entre sí”.

Beatriz Sestayo recalca que foi un Comité Federal exemplar, “no que todas as listas do país de todos os procesos foron aprobadas por unanimidade, sen nin un so voto en contra”. Referíndose as candidaturas Municipais destaca que “Ferrol seguiu a senda afortunada das listas de integración que dan imaxe de fortaleza ás cidades e a todos os municipios”. Felicitou a Agrupación de Ferrol polas aportacións de Germán Costoya e Cristina Prados á candidatura de Ferrolque é a mellor para poder competir por esta Cidade, para que o Alcalde sexa Angel Mato en breve e esta Cidade por fin teña unha folla de ruta acertada, para que as cidadás e cidadáns teñan por fin un futuro de xestión como somos capaces de facer os Socialistas”.

A Secretaria Xeral tamén amosou a súa satisfacción por Julio Barros que será candidato no Senado, que toma a palabra agradecendo que se haxa apostado pola súa persoa para representar á Cidade de Ferrol, á Comarca e a Provincia no Senado. Julio Barros asegura que a misión a que se encomendará será a “unha representación que na súa modesta persoa tratará de buscar sempre o mellor para a Cidade, defender os intereses de Ferrol e aqueles puntos claves que son para nosoutros irrenunciables e esenciais dentro do que o é o espírito socialista, que en definitiva e buscar o mellor para a cidadanía de Ferrol, para a economía e industria local, para que Ferrol prospere e volva a senda do crecemento e do benestar para todo os cidadáns”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.