COMUNICADO EXECUTIVA LOCAL PSdeG-PSOE FERROL
Ante a noticia divulgada polos medios informativos locais, da agresión sufrida en Ferrol por un independentista, a mans dun grupo de extrema-dereita, a Executiva Local do PSdeG-PSOE de Ferrol quere facer público:
-
A repulsa enérxica desta agresión, e a solidariedade co agredido.
-
A nosa esixencia de que se investigue esta agresión, e se leve aos agresores ante os tribunais.
-
Que na nosa cidade existe o risco real de que estas prácticas xa usadas durante a Transición contra os demócratas, resuciten agora ao calor do discurso do odio que por desgraza se haxa normalizado e asumido como outra ferramenta política máis. Xa se detectaron grupos desta natureza, pero a agresión do pasado venres supón un salto cualitativo na súa actividade.
En Ferrol, a 12 de marzo de 2019