O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA REXISTROU NA XUNTA AS ALEGACIÓNS AOS PROXECTOS DE EXPLOTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS DE USO XERAL POR ESTRADAS DE CLAVES XG600 A XG743
(05.03.19)
O Grupo Municipal Socialista presentou mediante Rexistro da Xunta as alegacións aos proxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estradas de claves XG600 a XG743 dirixida á Dirección Xeral de Mobilidade para que sexan modificados e dea cumprimento as demandas veciñais.
Desta forma os Socialistas de Ferrol demandamos un transporte escolar non compartido con outros usos, a prol da propia seguridade das nenas e nenos.
Ademais os Socialistas de Ferrol tamén esiximos a implantación de novas tecnoloxías que faciliten o uso do transporte público. Así como, a utilización de autobuses non contaminantes para a protección da saúde de todas as veciñas e veciños ao igual que do noso Medio Ambiente.
Por outra banda, os Socialistas de Ferrol instamos a que os servizos se fagan con vehículos 100% accesibles en todas as liñas e en todos os horarios.