A EXECUTIVA DO PSOE DE FERROL MANIFESTA O SEU APOIO AOS TRABALLADORES DE POLIGAL
O Grupo Municipal Socialista levará unha moción ao Pleno no seu apoio e mesmo este luns a representación sindical será recibida pola Subdelegada do Goberno
(23.02.19)
A Executiva do PSOE de Ferrol amosa a súa solidariedade e apoio cos traballadores de Poligal que coñeceron no día de onte a decisión da empresa do cese inmediato de actividade da súa planta en Narón, coa intención por parte da empresa de liquidar a factoría e así proceder o peche da planta ubicada en Narón.
A Executiva dos Socialistas de Ferrol anuncia que o Grupo Municipal Socialista levará unha moción de apoio aos traballadores ao vindeiro Pleno do xoves. Así mesmo, este luns a representación sindical de Poligal será recibida pola Subdelegada do Goberno Pilar López Rioboo.
A Secretaria Xeral, Beatriz Sestayo, sinala que a empresa especializada en polipropileno, xa sufriu no ano 2014 varios EREs e un total de 35 despidos. Lembra que ela mesma exercendocomo deputada parlamentaria rexistrou no Parlamento galego unha batería de iniciativas a prol do persoal da empresa Poligal, nas que se esixía á Xunta a súa implicación na defensa defensa dos postos de traballo dunha comarca tremendamente castigada e ademais denunciaba a pasividade do Goberno galego en políticas industriais e de emprego.
Os Socialistas de Ferrol apoiarán aos traballadores en todas as accións que emprendan para loitar polos seus empregos.
1) MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAIS SOCIALISTA EN APOIO ÁS TRABALLADORAS E TRABALLORES DA EMPRESA POLIGAL
Polo anteriormente exposto, esta Corporación Local acorda:1.– Apoio institucional do Concello de Ferrol en defensa dos intereses das traballadoras e traballadores de POLIGAL en todas as accións que emprendan para loitar polos seus empregos, así como a reversión o anulación do ERE acordado