O PSOE DE FERROL LEMBRA QUE XA LEVA RECOLLIDAS 19.200 FIRMAS PARA A SUPRESIÓN DA PEAXE DA AP-9 FERROL – CORUÑA NA PLATAFORMA CHANGE.ORG

 

OS SOCIALISTAS DE FERROL ANIMAN A QUE SE SIGA FIRMANDO TANTO NA PLATAFORMA CHANGE.ORG COMO PRESENCIALMENTE ACUDINDO A CASA DO POBO DOS SOCIALISTAS DE FERROL PARA ASÍ FACILITAR UNHA INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR A PROL DA ELIMINACIÓN DA PEAXE

(10.01.18)

O PSOE de Ferrol lembra que desde o mes de marzo do ano pasado está a levar a cabo unha campaña de recollida de firmas a prol da supresión da Peaxe da AP – 9, tramos Ferrol – A Coruña, en ambos sentidos e así mesmo, anima a cidadanía a continuar asinando para facilitar unha Iniciativa Lexislativa Popular a prol da eliminación da peaxe.

A iniciativa Socialista foi aprobada no Pleno o 12 de marzo de 2018, a pesar de contar coa abstención dos Grupos Municipais do PP e Ciudadanos.

Os Socialistas de Ferrol animan ós interesados en apoiar a iniciativa mediante a súa sinatura ben na Plataforma dixital Change.org baixo o nome AP-9 entre Ferrol e A Coruña SEN PEAXE, destacar que desde esta Plataforma ata a data de hoxe se acadaron 19.200 sinaturas. Tamén, os impresos de recollida de firma están dispoñibles na Casa do Pobo da Agrupación Socialista, sita na rúa da Igrexa, nº 104, Baixo, con horario de apertura nas mañas do martes e xoves, desde ás 11:00 ata ás 13:00h.

Os Socialistas de Ferrol sempre defenderemos a mellora do transporte público, incluído o tren, vémonos na obriga de defender o desenvolvemento social, demográfico e económico de Ferrol e reiteramos o noso compromiso de chegar ata onde sexa necesario e non cesaremos no noso empeño ata conseguir que Ferrol sexa unha prioridade dende todas as administracións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.