A SECRETARÍA XERAL BEATRIZ SESTAYO DESTACA O COMPROMISO DOS FEITOS DO GOBERNO SOCIALISTA FRONTE A PARÁLISE QUE MANTIVO O PP SUPEDITANDO A PROSPERIDADE DOS ESTALEIROS AOS “PELOTAZOS” DESA FORMACIÓN POLÍTICA

Beatriz Sestayo sinala a boa nova para os Estaleiros de Ferrol e o compromiso do Goberno Socialista

(13.12.2018)

Os socialistas de Ferrol acollen con satisfacción a boa nova da inmediata construción das fragatas que se materializará mañá en Consello de Ministros.

A Secretaría Xeral da Agrupación Socialista de Ferrol, Beatriz Sestayo sinala agora nos atopamos cunha bocanada de ilusión para Ferrolterra coa evidencia do compromiso do Goberno de Pedro Sánchez cos Estaleiros da Comarca, unha vez que mañá no Consello de Ministros se fará efectivo o compromiso do Presidente coas fragatas para NAVANTIA, o cal pon de manifesto que fronte a parálise a que ten inducido o PP polo seus acostumados pelotazos, como era o que se esperará por Cospedal e Morenés, supeditando o benestar dos estaleiros e da cidade ao negocio privado dos seus.”

O Partido socialista lembra que denunciou a paralización durante dous anos do contrato da construción de cinco fragatas nos estaleiros de NAVANTIA en Ferrol, que o Partido Popular con María Dolores Cospedal ao fronte do Ministerio de Defensa dilatou impoñendo o seu criterio ordenando a colocación nas embarcacións militares do modelo de mísil fabricado pola multinacional que Pedro Morenés presidiu ata ser nomeado Ministro de Defensa do Partido Popular ata o ano 2016.

Finalmente, a Secretaría Xeral do Partido Socialista de Ferrol, Beatriz Sestayo conclúe “Fronte as dilacións polo fragatazo do PP, atopámonos con políticas de feito que inciden no benestar das persoas, dos traballadores, dunha cidade e dunha bisbarra que necesita esa bocanada de forza, esa bocanada de carga de traballo no que mellor sabemos facer.” 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.