O PSOE de Ferrol califica de bochornoso que o Alcalde de Ferrol se negue a celebrar o pleno extraordinario sobre persoal e que teña que ser convocado “in extremis” polo Secretario

Os Socialistas de Ferrol lamentan que por primeira vez na historia democrática un pleno teña que ser convocado polo Secretario Xeral do Concello ao negarse o propio Alcalde

A Voceira Socialista, Beatriz Sestayo, considera insólito que un Alcalde supostamente sindicalista e de esquerdas, non acepte negociar cos representantes sindicais.

(10.12.2018)

O Pleno foi solicitado o pasado 15 de novembro por nove Concelleiras e Concelleiros dos Grupos Municipais Socialista, do PP, Ciudadanos e a Concelleira No Adscrita Esther Leira, atendendo a petición de apoio por parte das Seccións Sindicais e ante as negativas por parte do Alcalde Jorge Suárez para convocar un Pleno no que figuren na orde do día os asuntos referidos a recursos Humanos do Concello de Ferrol.

En cumprimento do establecido na Lei Reguladora de Bases de Réxime Local, o Pleno terá lugar o vindeiro 21 de decembro ás 12:00 horas e tratará aspectos relacionados con: a Oferta de Emprego Público, a RPT, Regulamento de xornadas e horarios e outros temas sobre persoal.

A Voceira Socialista, Beatriz Sestayo, considera insólito que un Alcalde supostamente sindicalista e de esquerdas, non acepte negociar cos representantes sindicais, lamenta e califica como bochornoso que por primeira vez na historia democrática o Pleno teña que ser convocado “in extremis” polo Secretario Xeral do Concello ante a negativa de convocatoria por parte do propio Alcalde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.