OS SOCIALISTAS DE FERROL PLANTEXAN NOVAS INICIATIVAS SOCIAIS E DE DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA FRONTE A INACCIÓN DO GOBERNO LOCAL E A XUNTA

A Voceira Socialista, Beatriz Sestayo Doce, reprocha que sigan paralizadas as iniciativas socialistas aprobadas en Pleno para facer fronte a cuestións tan importantes como os desafiuzamentos e a perda demográfica

(28.11.2018)

Esta maña no Concello de Ferrol, a voceira socialista, Beatriz Sestayo presentou en comparecencia ante os medios de comunicación a moción elevada para o seu debate no Pleno Ordinario de maña xoves, 29 de novembro, ás 19:00h, a prol do reforzamento dos Servizos Sociais Públicos en Ferrol.

Beatriz Sestayo lembra “este pleno ordinario ven con bote” porque están pendentes de tratar as iniciativas socialistas do anterior pleno tales como a proposta socialista para o impulso da concienciación e sensibilización sobre a trata de mulleres sinaladamente desde a Concellería de Muller, ademais a proposta instando ao Goberno Local a que acometa a prolongación do carril-bici dende A Malata para dar continuidade ata a Cabana e Caranza, permitindo unha ronda litoral para bicicletas.

A Voceira Socialista explica que o reforzamento dos Servizos Sociais públicos de Ferrol está moi ligado as dúas comisións propostas polos Socialistas aprobadas en Pleno que seguen paralizadas polo Goberno Municipal, como son a Comisión de Recimil consistente na regularización de vivenda garantindo sempre unha cuota destinada para vivendas de Emerxencia Social e dinamización sociocomunitaria deste barrio. Ademais da Comisión relativa á recuperación demográfica en Ferrol.

Finalmente, os Socialistas con esta moción instan ao Pleno do Concello de Ferrol a adoptar as seguintes medidas: aumentar os recursos persoais dos Servizos Públicos do Concello, a reforzar a xestión pública dos recursos sociais e aumentar o control dos recursos subvencionados polo mesmo, crear o Centro de inclusión público en Ferrol, dotar as infraestruturas pactadas na entrada do Consorcio. Así como, realizar xornadas de información e sensibilización sobre os dereitos humanos, cívicos e sociais traballando o plan Ferrol Solidario 2.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.