OS SOCIALISTAS PRESENTAN AS EMENDAS PARA FERROL AOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O ANO 2019

(27.11.18)
Na maña de hoxe na Casa do Pobo da Agrupación Socialista de Ferrol compareceron ante os medios de comunicación, Beatriz Sestayo Doce, Secretaria Xeral e Voceira do Grupo Municipal Socialista xunto o deputado autonómico do PSdeG-PSOE Jose Manuel Pérez Seco con motivo de facer públicas todas as emendas que foron presentadas aos orzamentos do ano 2019 da Xunta de Galicia referidas a Comarca de Ferrol.
O Deputado Parlamentario José Manuel Pérez Seco advertiu que a recuperación económica por parte do PP na Xunta de Galicia non se traslada á cidadanía galega.
As emendas son froito das demandas veciñais da nosa cidade e dos compromisos electorais feitos pola Agrupación Socialista de Ferrol, os cales defendeu e seguirá defendendo alá onde sexa preciso.
As emendas presentadas, a modo de resumen, foron as seguintes:
  *   Instituto Galego de Estudos de Xénero
  *   Proxecto Ferrol en Feminino
  *   Rehabilitación dos barrios máis deteriorados, como son Ferrol Vello, A Magdalena, Esteiro e Recimil
  *   Desenvolvemento do Medio Rural
  *   Centro de Deportes Náuticos na Cabana
  *   Cidade deportiva en FIMO
  *   Albergue de peregrinos para poder dar servizo a todos os peregrinos que comecen na nosa cidade o “Camiño Inglés”
  *   Adecuación dun espazo no Castelo de San Felipe para a posta en funcionamento dun Centro de Interpretación de Memoria Histórica
A Secretaria Xeral, Beatriz Sestayo afirma “fronte a pinza de parálise entre o PP e FeC do proxecto de cidade, o partido socialista segue a ser o partido coherente que ten un proxecto de cidade e que traballa por el”. Conclúe “É evidente que Ferrol ten que ser gobernado polo Partido Socialista, polo que agardo que sexa así dentro de 6 meses e despois será gobernado por Socialistas desde a Xunta de Galicia”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.