OS SOCIALISTAS DE FERROL ESIXEN RESPOSTAS A FEIJÓO SOBRE O “FRAGATAZO”

A Secretaría Xeral do Partido Socialista de Ferrol, Beatriz Sestayo considera dunha enorme gravidade as noticias publicadas polo eldiario.es e esixe comparecencia de Feijóo explicando o “pelotazo” que se pretendía dar a costa do traballo dos traballadores

(09.11.2018)

O PSOE Local amosa a súa indignación ante a nova transcendida polo medio de comunicación eldiario.es referida a paralización durante dous anos do contrato da construción de cinco fragatas nos estaleiros de NAVANTIA en Ferrol, para adaptalas aos mísiles que fabrica a empresa que presidiu Pedro Morenés, Ministro de Defensa ata o ano 2016.

Os Socialistas de Ferrol acusan de enorme hipocrisía e sinverguencería a un Partido Popular que de novo adicase a favorecer o negocio entre os seus en lugar de preocuparse pola cidade, xa que a pesar de que a Armada Española manifestou a súa postura en contra da instalación do armamento porque nunca antes fora usado pola Armada o Partido Popular con María Dolores Cospedal ao fronte do Ministerio de Defensa impuxo o seu criterio ordenando a colocación nas embarcacións militares o modelo de mísil fabricado pola multinacional que Pedro Morenés presidiu ata ser nomeado ministro por Rajoy.

Os Socialistas de Ferrol sinalan que grazas a actuación do Goberno de Pedro Sánchez e as xestións da Ministra de Defensa Margarita Robles conseguiuse o desbloqueo da situación, ao descartar a compra do antedito modelo de mísil, facendo efectivos os últimos trámites necesarios para que comece a construción das fragatas proximamente.

Finalmente, a Secretaría Xeral do Partido Socialista de Ferrol, Beatriz Sestayo califica de enorme gravidade a paralización das fragatas por parte do anterior Goberno de Rajoy contando coa complicidade do Goberno da Xunta, por todo isto, esixe que o Partido Popular asuma a súa responsabilidade coas comparecencias do Presidente Alberto Nuñez Feijóo explicando o “pelotazo” que se pretendía dar a costa dos traballadores, ademais do Expresidente Mariano Rajoy e a ExMinistra Dolores Cospedal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.