OS SOCIALISTAS DE FERROL REPROCHAN QUE O X ANIVERSARIO DA CASA DA MULLER SE CONMEMORE FÓRA DA PROPIA CASA DA MULLER

En momentos nos que o machismo mais recalcitrante volta a agredir ao feminismo consideran que é mais importante que nunca promocionar os espazos das mulleres como a Casa da Muller

O Partido Socialista de Ferrol felicita o X Aniversario da Casa da Muller, unha infraestrutura que foi creada no Goberno de Vicente Irisarri, sendo Tenente Alcalde e Concelleira de Muller e Benestar Social, Beatriz Sestayo.

(08.11.2018)

O PSOE Local traslada a súa felicitación polo X Aniversario da Casa de Muller. Lembra que a mesma foi inaugurada no Goberno do Socialista Vicente Irisarri, sendo Tenente Alcalde e Concelleira de Muller e Benestar Social, Beatriz Sestayo. Os Socialistas de Ferrol consideran que os aniversarios se deben de celebrar precisamente potenciando ás infraestruturas, as instalacións e proxectos que se celebren, non illándose dos mesmos.

Secretaría de Igualdade, Paloma Rodríguez Vázquez, defende a Casa da Muller como un espazo que se creou no seu día para fomentar o empoderamento feminino, para a necesidade de avanzar en políticas de Muller, de Igualdade e de corresponsabilidade, que obtivo notables éxitos co Partido Socialista no seu día.

Paloma Rodríguez, lamenta o abandona da Casa da Muller por parte do Partido Popular durante o anterior mandato de Rey Varela, así mesmo asevera: “pero inconcibiblemente o Goberno Local da Marea amosa unha vez mais a falla de respeto e consideración hacía infraestruturas fundamentais para o desenvolvemento de políticas de esquerda”. Conclúe “Os Socialistas consideramos que en momentos nos que o machismo recalcitrante volta a agredir ao feminismo, resulta mais importante que nunca promocionar os espazos de mulleres como a Casa da Muller”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.